O PP cifra o beneficio da visita do Papa en dezasete millóns de euros

A voceira de Turismo do Grupo Popular, Natalia Barros, afirma nunha entrevista publicada na páxina web do PPdeG que “a pesares de ser preparado nun tempo récord e en plena crise económica, este Ano Xacobeo vai ser recordado por bater récords de visitantes”. A falta de dous meses para que finalice o Ano Santo “o gran beneficiado deste Xacobeo” –sinala a diputada- “é o sector turístico”, que tivo “un pulo importantísimo”, engandindo que se van “cumprir as expectativas no PIB, xa que os datos de setembro xa revelan un incremento moi importante de viaxeiros, dun 13% respecto ó mesmo período do 2009 e un 5,1% comparado co Xacobeo 2004, e un aumento do 8,7% nas pernoctacións”.

No tocante á visita do Papa, Natalia Barros sinala que “ten unha gran importancia para Galicia”, xa que “o turismo relixioso segue a ter moito peso na peregrinación a Santiago”. “A valoración económica media de beneficio neto para os establecementos turísticos galegos é de entre 4,7 e 6,4 millóns de euros de xeito directo, e duns 10,7 millóns de euros de repercusión indirecta”, polo que “máis que un custo, a visita do Papa é unha inversión para o turismo galego”, engadiu.