A nova lei antibotellón contempla multas de ata 600.000 para os hostaleiros

O Partido Popular sacou adiante, cos seus únicos votos, a nova lei antibotellón que ten como obxectivo reducir o consumo de alcohol entre os menores de idade. Para iso contempla sancións económicas que, no caso dos consumidores, van dende os 601 ata os 3.005 euros e no caso dos establecementos comerciais e hostaleiros poden chegar ata os 601.000 euros, no caso de que se probe que venden alcohol a menores de xeito reiterado. Precisamente, os partidos da oposición criticaron ese afán “recadatorio” da nova norma.

Segundo sinalou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o texto pretende enviar “unha mensaxe social clara” de rexeitamento. Así pois, os menores de 18 non poderán beber alcohol, agás bebidas fermentadas como o viño, a sidra e a cervexa que si serán permitidas para os mozos de entre 16 e 18 anos.