Nova edición das Catas Transfronteirizas, en Meaño

Hostelería Galega & Turismo organiza unha nova edición das Catas Transfronteirizas, que terá lugar hoxe luns no municipio pontevedrés de Meaño. Nesta ocasión, os expertos catadores convocados por HG&T probarán a calidade de cavas e viños espumosos, xa de cara ao Nadal.

Como vén sendo habitual, a cata estará dirixida por Guillermo Campos e contará coa colaboración da Asociación Galega de Sumilleres (Agasu), que preside David Barco. O colectivo aportará catadores que se completarán con expertos chegados dende o veciño Portugal. O acto, patrocinado polo Concello de Meaño, celebrarase no hotel Quinta de San Amaro.