Medio Rural investirá máis dun millón de euros en explotacións vitícolas de Pontevedra

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, asinou os convenios correspondentes ao Programa Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en materia de infraestruturas rurais con tres concellos pertencentes á comarca pontevedresa da Paradanta: Arbo, Crecente e A Cañiza. Nestes concellos investiranse máis de 1 millón de euros para a mellora de infraestruturas rurais. Esta contía, financiada a partes iguais entre Xunta e Goberno Central, ten como finalidade a mellora das infraestruturas de acceso ás explotacións de viñedo.

O seu obxectivo é diminuír os custos empresariais e favorecer o tránsito de materias primas para esas explotacións, así como a saída dos produtos. En Arbo investiranse 550.000 euros; en A Cañiza, algo máis de 144.000 e en Crecente, 405.335 euros.