Martín Códax acada medallas de ouro e prata en concursos internacionais

Os viños da adega cambadesa Martín Códax continúan colleitando éxitos aló onde van. Nesta ocasión, as marcas Salterio, Burgáns e Martín Sarmiento conseguiron senllos recoñecementos en concursos internacionais celebrados en Canadá e Holanda.

En concreto, recibiron dúas medallas de ouro e dúas de prata no Der Grosse Internationale Weinpreis de Holanda e no Selections Mondiales des Vins canadense. Estes premios recoñecen o traballo que esta cooperativa está facendo colleita tras colleita, poñendo no mercado viños da máis alta calidade.