Galicia proxectarase nun centenar de canles de teleisión

Dous vídeos promocionais de Galicia como destino turístico, pertencentes á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia S.A, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, serán visionados nun centenar de canles televisivas de toda a España pertencentes á compañía Distrivisión, líder na distribución de contidos audiovisuais que acaba de celebrar a súa quinta Convención en Santiago de Compostela para presentar as novidades de programación do ano 2011.

A temática do primeiro dos vídeos promocionais, titulado ‘Galicia, pensando en volver a ti’ que será vistos en canles televisivas de todo o país, céntrase na divulgación das principais potencialidades turísticas que posúe a comunidade, a través do encontro dunha parella de mozos, que disfrutan daa natureza, a gastronomía, o turismo rural, de aventura e o termalismo galegos, entre outros aspectos.