Galicia pide topes respectuosos para a pescada e a xarda

O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, e os seus homólogos de Asturias, País Vasco, Cantabria e Andalucía mantiveron unha xuntanza en Madrid co director general de Recursos Pesqueros y Acuicultura, Alejandro Polanco, na que abordaron diferentes asuntos relacionados coa xestión da xarda e da pescada para o 2011. Pablo Fernández Asensio espuxo as propostas da administración para que o plan de xestión da pescada e da xarda garanta uns totais admisibles de capturas (TACS) que atendan a criterios sociais, ambientais e económicos.

Segundo especificou Pablo Fernández, estas propostas, xunto coas do sector serán tidas en conta polo MARM para a elaboración dun borrador de orde ministerial do plan de xestión da pescada e da cabala. En canto á pescada, o director xeral da Consellería do Mar, de acordo cos seus homólogos, defendeu un reparto da cota por caladoiros (Cantábrico-Noroeste e do Golfo de Cádiz) e por modalidades de pesca. En canto ás cotas diarias de xarda asignadas a cada buque, o director xeral propuxo reducilas á metade e que non existan diferencias tan grandes entre buques.