Feijóo pide unha normativa estatal que protexa os viños galegos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou ao Goberno central a elaborar unha normativa que protexa os viños galegos, semellante á elaborada pola Xunta. Fíxoo durante os actos de celebración do 25 aniversario da Cooperativa Martín Codax, en Cambados. Feijóo confirmou o compromiso da Xunta co sector vitivinícola: “estamos apostando polas denominacións de orixe e estamos traballando para preservar os nosos produtos, tanto a través dunha normativa propia, como tratando de que tamén o Goberno central elabore un regulamento que restrinxa o uso da variedade albariño en viños non amparados baixo denominación de orixe”, reiterou.

O presidente da Xunta gabou a traxectoria de Martín Codax e nomeu a “gran materia prima” que é a uva albariña, o cooperativismo, e a valentía de abrirse a outros mercados como claves do éxito deste “gran proxecto colectivo”. “Somos un pobo que non só coopera e forma equipo dentro, senón que se abre con certeza e valentía a outros mercados, outras culturas”, destacou.