As Pontes elixiu as súas mellores tapas

A segunda edición do concurso de tapas de As Pontes foi todo un éxito, comezando pola alta participación de establecementos hostaleiros, un total de trinta e dous. Tras finalizar o prazo de degustación, o xurado elixiu os mellores petiscos ofrecidos estes días. A proposta máis orixinal foi a da cafetería Tres Pontes que presentou un polbo con grelos. Tamén houbo premios para a estrela de marisco do mesón Ana e para o montadiño de salmón con solombo ibérico do bar Trastoy 3.

A resposta do público foi excelente pois contabilizáronse un total de 1.300 papeletas correctamente cubertas con seis selos doutros tantos locais, que foron as que decidiron o premio á tapa máis popular. A eles hai que sumar aqueles clientes que non chegaron a selar a papeleta co que a cifra de consumidores é moito máis alta.