A Xunta ofrece cursos gratuítos de idiomas para profesionais do Turismo

As consellerías de Cultura e Turismo e de Educación asinarán un acordo de colaboración para impartir cursos de idiomas específicos para os profesionais do sector turístico. A oferta de cursos impartirase nas Escolas Oficiais de Idiomas da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e terá carácter gratuíto.

Os cursos serán de distintos niveis: iniciación, intermedio e avanzado. Os idiomas ofertados serán inglés, francés e alemán, sendo a duración dos cursos de 60 horas. Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao email: mercedes.cartelle.espasandin@xunta.es.