A voltas con Peinador e as low cost

O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, denunciou unha nova “contradición” da Xunta que pon de manifesto, segundo di, a “discriminación que o Goberno do PP está facendo a Vigo”. O nacionalista criticou que rexeitara dar continuidade ao voo a Londres sinalando que non se podía duplicar a oferta dos aeroportos galegos “e agora financie con cartos públicos liñas nacionais en Lavacolla que entran en competencia directa con Peinador”.

“Existe unha discriminación total con Vigo, non só no tema dos aeroportos, tamén en infraestruturas ou a política social”, sinalou. Santi Domínguez lamentou que o PP castigue á cidade “simplemente porque os vigueses e viguesas decidiron ter un goberno de diferente cor política”.