Tics para fomentar o turismo sostible

A Secretaría Xeral para o Turismo participará en Creta entre o 21 e o 23 de setembro nun workshop baseado no potencial das tecnoloxías da sociedade da información en aras a promover unha economía do turismo sostible, no marco do proxecto europeo ‘I-Speed’.

No workshop de Creta, ao que acudirá o xefe de servizo de Programas Europeos e Planificación Turística da Secretaría Xeral para o Turismo, José Luis Maestro, o conxunto do partenariado exporá os resultados do grupo de traballo de identificación e análise de boas prácticas. Este encontro será a consolidación da elaboración dun dos principais documentos que persegue o proxecto I-Speed: a elaboración dunha guía de boas prácticas, que se poderá visualizar logo na páxina do proxecto www.ispeed.eu, e que contribuirá á difusión obxectiva destas para promover a transferencia de resultados a outras organizacións mesmo fóra do partenariado.