Seis medallas de ouro para Galicia no Mundus Vini

A última edición do Mundus Vini supuxo para Galicia dez novos premios, seis medallas de ouro e catro de prata. No máis alto situáronse os Rías Baixas Eidos de Padriñán, Vionta 08, Eidosela 09 e Santiago Ruiz 09 xunto a Bioca Godello Selección 09 (Valdeorras) e Pazo de Mariñán 09 (Monterrei). Con medalla de prata viñéronse de Alemania os Rías Baixas Pazo de Señoráns 09, Lagar do Castelo e Arbastrum e o Ribeiro María Andrea 09.

Precisamente, esta D.O. está de noraboa por ter conseguido dezasete premios Excelencia concedidos pola Asociación Galega de Catadores.