Ribeira Sacra comeza o groso da vendima

A D.O. Ribeira Sacra comezou o groso da vendima, traballos nos que se agarda que interveñan unhas dez mil persoas, moitas delas contratadas exclusivamente para estes días. Trátase dunha vendima eminentemente familiar, dadas as características das prantacións. Segundo recolle El Progreso, só existen cinco parcelas na D.O. que superen os 20.000 metros cadrados, situadas en Ribas de Sil, Sober, Portomarín, Quiroga e Pantón.

O traballo intensificarase durante esta fin de semana e a próxima. Prevese pechar a campaña o 10 de outubro. O Consello Regulador estima que se recolectarán uns 4,5 millóns de kilos de uva, cifra sensiblemente inferior á do pasado ano.