Rías Baixas inicia a vendima

A D.O. Rías Baixas tamén veu afectado o seu calendario á hora de comezar os traballos de vendima. De feito, xa hai adegas que comezaron a extracción, entre elas Santiago Ruiz, coas súas plantacións de Tomiño, ou Viña Nora, de As Neves. O que non cambia é o feito de que as subzonas do sur da provincia son as primeiras en comezar a vendimar.

O certo é que a climatoloxía está acompañando para realizar as labores extractivas, se ben o groso da vendima desenvolverase a partir do día 10. A calidade da uva á excelente e agárdase unha colleita das máis abundantes dos últimos anos. Faro de Vigo fala duns 30 millóns de kilos.