Pontevedra disporá, dende esta fin de semana, dun novo parque forestal

Xa están practicamente rematadas as obras de creación do Parque Forestal de Pontillón do Castro, en Pontevedra. Trátase dun novo espazo de ocio ubicado a carón do embalse de Verducido que será inaugurado este domingo. Conta con sendas naturais, miradoiros, puntos de pesca, bancos e xogos para nenos.

O alcalde convidou a todos os pontevedreses a que se acheguen o domingo ata Pontillón xa que “é un parque que merece a pena coñecer e que pon en valor un espazo sensacional”. De feito, explicou que está pensado para todas as persoas que queiran gozar da naturaleza, e segue as directrices da política municipal de montes de recuperar os espazos naturais, a súa posta en valor e facer de Pontevedra unha cidade máis sana e ambiental.