O termalismo, fonte de riqueza

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, inaugurou en Mondariz un Encontro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, titulado ‘Revisando o pasado para reinventar o futuro: o turismo termal de Galicia en perspectiva histórica, 1800-2010’. A secretaria xeral, afirmou que “o turismo de saúde se ten convertido nos últimos anos nun dos produtos estratéxicos máis importantes en Europa, gracias á renovación constante da oferta e á continua adaptación do produto ás novas tendencias da demanda para e a comercialización da oferta”.

Galicia ocupa o primeiro posto como destino para o turismo de saúde e benestar de España, seguido de Cataluña, Andalucía, Aragón e a Comunidade Valenciana. Non en van, Galicia achega o 20% da oferta das instalacións termais de España e as actividades empresariais relacionadas coas augas minerais supoñen en Galicia máis de 126 millóns de euros de facturación e máis de 1.700 empregos directos.

Carmen Pardo indicou que “os 21 balnearios galegos coas máis de 2.700 prazas hoteleiras directas que xeran en todas as súas categorías son, despois do Camiño de Santiago, o produto turístico galego con maior potencial internacional”.