O Auditorio de Cambados acolle o domingo a Festa da Vendima

O Auditorio da Xuventude de Cambados acolle esta fin de semana unha nova edición da Festa da Vendima coa que se pretende honrar a todos aqueles que traballan nesta decisiva tarefa. A cita incluirá dous espectáculos musicais totalmente gratuítos.

Esta celebración é todo un clásico no municipio cambadés, situado en plena D.O. Rías Baixas. Servirá para darlles un respiro aos centos de operarios que estes días traballan sen descanso para sacar toda a uva das viñas.