Milleiros de persoas vibrarán coa música máis actual grazas ao MTV Galicia

O domingo celebrarase outro dos actos centrais do Xacobeo 2010, o Festival MTV Galicia, que encherá o Monte do Gozo dos sons máis actuais. Grupos da talla de Arcade Fire, Echo The Bunnymen, Temper Trap ou Cornelius 1960 farán as delicias do público, que poderá acceder gratuitamente ao recinto. Iso sí, para garantir a seguridade dos asistentes, estableceranse dous filtros para controlar o acceso e só poderán pasar 25.000 persoas.

As portas do recinto abriranse ás 16.00 horas e non será ata as 18.30 horas cando comecen as actuacións. A última será a dos canadenses Arcade Fire, ás 22.00 horas. O concerto emitirase posteriormente pola MTV.