Máis de catro millóns de persoas asistiron ás actividades do Xacobeo

A Consellería de Cultura e Turismo presentou ao Consello da Xunta o informe sobre as actividades desenvolvidas ata a o 15 de setembro dentro da programación cultural do Xacobeo 2010. O informe cifra en 4,4 millóns de persoas os asistentes ás diferentes actividades culturais propostas dentro da programación propia ou patrocinada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e na realizada de forma conxunta con Caixa Galicia e Caixanova.

Segundo os datos da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a programación cultural de Xacobeo 2010 estenderase durante todo o ano a máis de 361 localidades, 287 dentro de Galicia, 35 en España e 39 no estranxeiro.