Galicia incorpórase a aposta polo patrimonio cultural marítimo

Coa construción dunha goleta de carga de dous mastros, que será construída na mariña lucense, Galicia incorporase ao grupo de países que apostan pola conservación da cultura e do patrimonio marítimo.

A fabricación desta embarcación tradicional, que ten un efecto xenerador de emprego a través da súa construción por carpinteiros de ribeira, promoverá unha actividade que está en situación precaria asegurando traballo a estes artesáns do mar, actuará como unha media anticrese e o mesmo tempo será un compromiso coa riqueza cultural de Galicia, preservando a cultura mariñeira da vila e da comarca da mariña lucense.
Trátase, en definitiva, un investimento produtivo que conxugará ao mesmo tempo a difusión do patrimonio cultural propio e a creación de postos de traballo, estimulando así unha demanda solvente e sostible.

En Europa existen algúns modelos que xa se están levando a cabo en asteleiros de varios países, xenerando numerosos postos de traballo, tanto directos como indirectos, riqueza para as vilas en donde se constrúen estas embarcacións, e creación de novos proxectos e mantemento e conservación das embarcacións actuais, engadindo valor ao patrimonio marítimo e cultural destes países. Neste senso Galicia, pola súa histórica vinculación ao mar, non podería ser menos.