A exposición do fotógrafo Tomohiro Muda chega a Fisterra

A exposición “Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente” de Tomohiro Muda chega a Fisterra, onde remata a súa itinerancia por concellos de Galicia. A mostra está composta por unha serie de imaxes que o fotógrafo xaponés fixo nas súas peregrinacións a Santiago e que reflicten o carácter vertebrador do Camiño. Desde o pasado mes de marzo, as imaxes de Muda puideron contemplarse en Palas de Rei, Ames, Redondela, Dumbría e Muxía, concellos polos que discorren algunhas das rutas xacobeas.

A exposición poderá visitarse ata o próximo 30 de setembro nun espazo emblemático do Camiño de Santiago, o faro de Fisterra, enclave intimamente relacionado coa peregrinación, xa que é punto e final do Camiño de Santiago para moitos peregrinos.