Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro

A Asociación Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro vén de presentar un libro no que recolle esta antiga ruta de peregrinación cara Compostela. Precisamente, a publicación tenta constatar a existencia dunha vía de peregrinos que partía de Melgaço (Portugal) e percorría o interior das provincias de Ourense e Pontevedra.

O camiño existiu dende hai séculos pero, por diversas circunstancias, quedou esquecido. Agora, este colectivo pretende recuperalo e difundilo como unha vía máis para chegar a Santiago.