Arzúa acollerá en outubro a sétima Feira Ecolóxica

O municipio coruñés de Arzúa acollerá, os vindeiros 2 e 3 de outubro, unha nova edición, e xa van sete, da súa Feira Ecolóxica. O Recinto Feiral da localidade volverase converter, pois, nun gran mercado verde onde se darán cita preto de medio cento de expositores de produtos ecolóxicos, medicinas alternativas, colectivos sociais e postos de artesanía.

Ademais, celebrarase un amplo programa de actividades complementarias entre as que se atopan obradoiros formativos, exposicións, charlas, teatro, etc. Organizan o evento o Concello de Arzúa e a Cooper@activa Cultural.