0 aloxamento en Galicia no primeiro semestre aumentou un 11.21 por cento

O volume de viaxeiros aloxados en establecementos de aloxamento regrado de Galicia durante os oito primeiros meses do ano aumentou un 11,21% respecto do mesmo período do ano pasado, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE). No tocante ás pernoitas o aumento foi do 8,05%. Estas cifras son as máis elevadas da década, tanto no número de viaxeiros como no de pernoitas en todo o conxunto da oferta regrada.

A comparativa deste Ano Santo 2010 con respecto ao anterior Xacobeo 2004, sitúa o aumento no número de viaxeiros aloxados en establecementos de aloxamento regrado en case un 5%, mentres que o das pernoitas se sitúa nun 5,47%.

Esta dinámica positiva é unha característica común ás diferentes tipoloxías de aloxamento, pois en todas elas se melloran as cifras de 2009 e 2004.

En canto aos establecemetnos hoteleiros, o aumento foi nos oito primeiros meses do ano dun 11,77% respecto ao mesmo período do 209 e dun 9,17%, no que atinxe ás pernoitas. O incremento respecto do anterior Ano Santo sitúase nun 4,43% no caso dos viaxeiros e nun 4,63% no das pernoitas.

No caso dos establecementos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural) o aumento rexistrado no período que vai de xaneiro a agosto sitúase nun ttoal do 7,51% respecto do mesmo período do ano pasado, mentres o das pernoitas se situou nun 3,21%.

Os incrementos deste Ano Santo respecto do Xacobeo 2004 nos establecementos extrahoteleiros sitúase nun 8,65% no caso do volume de viaxeiros, e nun 9,47% no caso das pernoitas.

Considerando os apartamentos turísticos, as porcentaxes de aumento respecto do ano pasado sitúanse nun 9,34% para o volume de viaxeiros e nun 1,91% no caso das pernoitas. No caso dos cámpings os aumentos dos viaxieros situaronse nun 7,49% respecto do mesmo período do ano pasado e as pernoitas nun 3,66%.

No apartado de turismo rural, o aumento do volume de viaxeiros entre xaneiro e agosto foi do 7,04% e o das pernoitas do 2,73%. As variacións respecto do Xacobeo 2004 no caso dos establecementos de turismo rural foi no caso dos viaxeiros e das pernoitas, do 14,76% e do 11,20%, respectivamente.

Agosto
Os datos do conxunto de aloxamentos regrados de Galicia durante o mes de agosto revelan un aumento do 6,7% no caso dos viaxeiros e do 6,4% no das pernoitas. Os valores deste mes en comparación co último Xacobeo constatan tamén unha medra de case o 2% no caso do volumen de viaxeiros e do 3,8% no das pernoitas.

A análise dos datos dos establecementos hoteleiros constata un incremento do 7,51% no caso dos viaxeiros aloxados neste segmento en concreto, e do 7,50% no caso das pernoitas. As porcentaxes de aumento en hoteis e pensións respecto do Xacobeo 2004 sitúanse nun 1,35% e nun 1,81%, para os viaxeiros e as pernoitas, respectivamente.

Por outra banda, os datos do INE revelan para os establecemetnos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural) un aumento do 3,75% no caso do volume de viaxeiros alxoados e dun 4,01% no das pernoitas. Nesta ocasión, os incrementos rexistrados respecto do anterior Xacobeo cifra´nse nun 3,99% e nun 8,77%, para os viaxeiros e as pernoitas, respectivamente.

No caso dos apartamentos turísticos, o aumento rexistrado neste mes foi do 21,36% respecto do 2009, mentres que as pernoitas se situaron nun 5,80%. As variacións con respecto ao Xacobeo 2004 neste segmento en concreto sitúanse nun 65,74% no caso dos vaixeiros e nun 10,95% no das pernoitas.

Polo que respecta aos cámpings, o aumento do mes de agosto deste ano respecto do pasado foi do 3,70% e do 5,65%, en canto a viaxeiros e pernoitas, respectivamente. No segmento de establecemetnos de turismo rural rexistrouse, en cambio, unha diminución do 0,91% no caso dos viaxeiros aloxados e do 3,57% no caso das pernoitas.