Viña Docampo convoca de novo o seu concurso fotográfico

Como cada ano, a adega ourensá Viña Docampo convoca o seu concurso fotográfico, que cumpre xa a súa décimo cuarta edición. Poderán participar todas as persoas que o desexen, con fotografías relacionadas co mundo do viño. Cada participante poderá concursar cun máximo de tres instantáneas que deberán ser inéditas. O prazo de admisión de orixinais remata o vindeiro 15 de setembro.

O primeiro premio está dotado con 1.900 euros e diploma; o segundo, con 750 euros e diploma e o terceiro, con 350 euros e diploma. A entidade empregará as fotos para unha exposición.