Valga promociona a súa augardente tamén en bombóns

O municipio pontevedrés de Valga quenta motores para unha nova edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebrará esta fin de semana. Unha das novidades desta edición serán os bombóns recheos de augardente, denominado “delicias valguesas”, que presenta a asociación de mulleres rurais Albor. Pero ademais, a augardente emprégase de base para a elaboración de diversos licores, entre eles de kiwi, toxo, figos, guindas ou claudias.

O domingo será o día principal da festa coa demostración de elaboración de caña e o concurso, a lectura do pregón a cargo do actor compostelán Luis Zahera ou a degustación de anguía.