Unións Agrarias pide un incremento da cuota de recollida de uva en Rías Baixas

Á falta de dúas semáns para o inicio oficial da vendima e diante da abundante colleita que se aveciña, o sindicato Unións Agrarias ven de solicitar ao Consello Regulador de esta denominación a celebración dun pleno extraordinario para modificar o seu regulamento de xeito que permita aos viticultores ampliar nun 25% o cupo de uva permitida por hectareda, fixada en 12.000 quilos.

Segundo o portavoz deste sindicato, Manuel A. Dopazo, o regulamento contempla a posibilidade de permitir esta ampliación en anos de abundante porodución. Este sindicalista estima que este ano recolleranse entre 25 e 30 millóns de quilos de uva en Rías Baixas e lembra que ainda que dende o consello regulador se asocia a a pouca produción coa calidade, no ano 2006 “recolléronse 30 millóns de quilos de ua de calidade excelente”.