Pulo á Rede de Comercio Rural Galego

A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, está traballando no impulso do comercio rural, dotando de máis e mellores servizos á poboación residente nas aldeas e vilas galegas.

Froito deste obxectivo, o departamento autonómico destinou neste ano máis dun millón de euros para o impulso da Rede de Comercio Rural Galego. O proxecto conta na actualidade con 35 establecementos adheridos e as previsións son que a finais do ano 2010 se poda chegar ao medio centenar.