Pistas para o lecer do fin de semana

A Ribeira Sacra volve traspasar fronteiras

O responsable das crónicas vitivinícolas no San Francisco Chronicle, Jon Boné, escribiu nesta publicación que nuns intres nos que a industria do viño está de “capa caída”, os viños españois viven un bo momento. No seu último percorrido por España quíxose centrar en pequenas D.O. que cualifica de emerxentes e, entre as que se atopa Ribeira Sacra, unha denominación emerxente que está a un paso de converterse en referente vitícola, segundo este xornalita.

Por outra banda, antes de que termine o ano poderemos tamén ler as reflexións sobre estes viños e a zona do xornalista alemán Jürgen Mathab na revista Weinwirtschaft.


A artesanía galega viaxa a Frankfurt

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño – dependente da Consellería de Economía e Industria – leva, por terceiro ano consecutivo, un stand institucional da marca Artesanía de Galicia á feira profesional Tendence, que se celebra en Frankfurt do 27 ao 31 de agosto. A xerente da Fundación, Elena Fabeiro Castro, viaxou ata esta cidade alemá para acompañar os artesáns galegos que participan nun dos encontros profesionais de maior relevancia no sector da decoración en Europa.

Da man da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, baixo a imaxe única da marca, participan en Tendence sete artesáns galegos de diferentes ámbitos que expoñen o seu traballo nun stand que se complementa cun espazo promocional de Artesanía de Galicia. A cesteira Idoia Cuesta ou o obradoiro Regal Cerámica Artesán compartirán espazo cos complementos de María Meda e de La Böcöque, coas xoias en cerámica de Marta Armada, coa bixutería de Helena López ou coas pezas de coiro do obradoiro Cabuxa.


Galicia ofrece para este último fin de semana do mes de agosto diversas alternativas de ocio.
Ás festas do Viño do Condado en Salvaterra, con 20 adegas participantes, á Pemento de Mougán, na localidade lugesa de Guntín ou á Festa do Polbo en Bueu, onde se despacharán máis de 3.000 racións deste cefalópodo, súmanse as de carácter histórico, xa que en Ribadavia celébrase unha nova edición da Festa da Istoria, pioneira na nosa Comunidade, na que se recrea o pasado sefardí da capital do Ribeiro; en Sober rememoran por segundo ano o pasado romano da viticultura da zonae en O Barco lembran a subasta das barcas que atravesaban o Sil. Por se fose pouco, e ademais das citas musicais para o fin de semana, aqueles que queiran celebrar o entroido en pleno verán, non teñen máis que desplazarse a Corme (Ponteceso), terra de percebes agora en veda, para disafrutar do asueto.