Oitenta establecementos no concurso de tapas de Lugo

Rematado o prazo de inscrición para participar no VI Concurso de Tapas de Lugo que organiza a Concellería de Turismo procedeuse a selección dos 40 establecementos participantes no apartado de tapa tradicional e tapa creativa. O concurso conta co patrocinio de Ribeira Sacra D.O., Gran Hotel de Lugo e Hotel Husa Puerta de San Pedro.

O concurso desenvolverase entre os días 11 e 26 de setembro incluídos e o público poderá degustar as tapas en horario de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. O prezo da tapa estará comprendido entre 1 e 3 euros.

As tapas que se presentan a concurso serán elaboradas con produtos de calidade da nosa terra ben sexa seguindo a tradición da gastronomía galega ou as novas vangardas culinarias. Cada un dos establecementos contará cun cartel identificativo co nome do local e da tapa coa que concursa; tamén disporá dunha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto de valoración.