O saneamento da Ría do Burgo incrementará a calidade dos moluscos extraidas da zona

A Xunta de Galicia rematou 14 actuacións en materia de saneamento dende a última reclasificación de zonas de producción marisqueira, realizada no 2006 na Ría do Burgo (A Coruña). Estas 14 obras, iniciadas na súa meirande parte antes de abril de 2005, supuxeron un investimento de máis de 33,7 millóns de euros de cara a mellorar a calidade das augas e, como consecuencia, a incrementar a produtividade e a propia calidade dos moluscos extraídos das rías.

Estas 14 obras afectaron dunha maneira positiva no estado de saneamento da Ría do Burgo e son, nunha parte importante, as causantes desta melloría na calidade das súas augas e, por tanto, na súa clasificación.