O número de turistas en Lugo medrou máis do 25% este mes de xullo

No mes de xullo Lugo recibiu 5.260 visitas de turistas, o que supón un aumento superior ó 25% respecto ó ano pasado. O presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería, “Cheché” Real, cifrou a ocupación hoteleira na cidade de Lugo nun 72% e no conxunto da provincia narredor dun 71%.

Por outra banda, Lugo10 colabora ca Asociación Provincial de Hostaleiros coa edición de 15.000 exemplares dun plano guía da cidade que o Concello lles vai facilitar ós Hostaleiros para que poidan facilitarllos ós seus clientes.