Gope ao furtivismo na Ría do Burgo

O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, liderou esta unha operación conxunta contra o furtivismo na Ría do Burgo que se saldou con 7 persoas identificadas e coa incautación de 4 forquitas, 4 pranchas de poriespán, 2 capachos e 2 raños. Ademais os axentes comisaron 50 quilos de ameixa babosa, que foi resembrada na zona.

Este operativo realizaouse en coordinación cos efectivos da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA), da Garda Civil de Oleiros , do Servizo Marítimo da Garda Civil, e do Corpo Nacional de Policía da comisaría da Coruña.