Galicia dáse a coñecer como destino turístico en Bos Aires

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, está a visitar a capital arxentina para levar a cabo diversos actos de promoción do destino turístico Galicia, dentro dunha campaña que se vén desenvolvendo durante todo o mes de agosto. Así, as pantallas do complexo comercial e das salas de teatro Paseo La Plaza de Bos Aires proxectaron durante todo o mes os spots promocionais de Turgalicia. En total entregouse material promocional de Galicia e do Xacobeo a 1.400 persoas que se achegaron ao stand instalado ao efecto.

Durante a súa estancia en Arxentina, Carmen Pardo intervirá no II Simposio de Turismo de Saúde, Spa e Termalismo organizado pola Federación Hotelera Gastronómica de la República Argentina no Predio Feiral de Palermo en Bos Aires. Antes da intervención, a Secretaria Xeral para o Turismo de Galicia, manterá unha reunión institucional co Ministro de Turismo de Arxentina, Enrique Meyer.