A Feira da Cebola de Sanxenxo premiará o sábado os mellores exemplares

Sanxenxo continúa celebrando as súas festas patronais e este sábado terá unha cita moi especial cun dos seus produtos estrela. Así, celebrarase unha nova edición da Feira da Cebola, na que está prevista a participación de sesenta postos de venda. Estarán instalados do Porto Deportivo Juan Carlos I.

Un dos actos centrais será a entrega de premios á ristra máis longa e á figura máis creativa. A cebola máis pesada tamén terá premio. Ademais, entregaranse as Cebolas de Ouro, que neste caso recaen no fundador do grupo Anaya, Germán Sánchez, e na viúva do profesor José Manuel Hermida, Isabel Muñoz.