Cea acollerá en setembro o Festival Internacional de Orquestras de Galicia

O Festival Internacional de Orquestras de Galicia, FIOU, converterá ao concello ourensán de Cea na capital da música de baile do 3 ao 5 de setembro. Un total de once orquestras actuarán neste evento que forma parte da programación Camiño da Música do Xacobeo 2010. Este festival, que conxuga o formato tradicional das festas galegas cos actuais festivais de masas, contará como protagonistas da sesión verbena con catro grandes orquestras espectáculo galegas: Philadelphia, Armonía Show, Olympus e Sintonia de Vigo. Grupos cegados de América latina, Chicago o Sicilia porána nota internacional a este evento programado polo Xacobeo 2010.