As festas do marisco tamén son do norte

A organización da I Festa do Marisco de Burela está decidida a demostrar que o norte de Galicia tamén é unha terra de bo marisco e de mellores festas. O evento celebrarase na sede da Asociación de Redeiras da localidade e por un prezo de 20 euros cada comensal poderá levar unha bandexa con dúas nécoras, medio kilo de percebes, catro cigalas, berberechos e mexillóns.

A intención da organización é que a festa se consolide no tempo pero que cada ano se celebre nun municipio diferente da Mariña.