Alumnos do Culinary Institute of America pasaron por Don Olegario e Conservas Cuca

Un grupo de 26 estudantes e dous profesores de The Culinary Institute of America, considerado o mellor centro de formación culinario do mundo, visitaron Bodegas Don Olegario, en Cambados, e Conservas Cuca.

Os responsables da adega amosaron aos estudantes os métodos de traballo que empregan para elaborar un albariño que está a colleitar numerosos recoñecementos internacionais. Na conserveira, os alumnos coñeceron o proceso de produción das diferentes especialidades que elabora Cuca, empresa que exporta aos Estados Unidos.