A Xunta destaca que en Galicia soben os prezos hoteleiros

Galicia é a única comunidade autónoma española que rexistra unha suba interanual dos prezos hoteleiros durante o período que vai de marzo a maio do 2010. En concreto, este incremento é de 0,8% en Galicia, segundo os datos da Alianza para a Excelencia Turística (Exceltur) dos que se fai eco a Xunta.

Ademais, o Goberno galego destaca que o 74,4% dos empresarios hoteleiros galegos percibiu un incremento das súas vendas no segundo trimestre do ano en relación ao mesmo período de 2009. Esta porcentaxe sitúase moi por enriba da media estatal, onde a percepción de aumento quedou no 40,4%. Este dato sitúa a Galicia en terceiro lugar no conxunto das comunidades autónomas.