Turismo promociona O Salnés como destino

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez, asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción turística na comarca do Salnés. En virtude deste acordo, a Consellería destinará 70.000 euros para o desenvolvemento de diferentes accións, mentres que a Mancomunidade achegará 25.000 euros.

Levaranse a cabo unha serie de accións de promoción, difusión e dinamización dos valores patrimoniais e gastronómicos do Salnés. Tamén se utilizarán as novas tecnoloxías e servizos turísticos, así como a formación dos actores turísticos, para o continuo progreso da calidade do servizo. No que se refire á formación e calidade, organizarase unha xornada técnica sobre a implantación de instrumentos de calidade turística, e outra sobre o programa “Anfitriones”. Así mesmo, no ámbito da cooperación co sector empresarial, crearase un menú Xacobeo dentro da rede de restaurantes de “As cociñas do Salnés”, e o paquete turístico “Cultura, gastronomía e viño de o Salnés”.