Turismo presenta o Plan Turístico de Golf de Galicia

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou hoxe o Plan de Turismo de Golf de Galicia, unha iniciativa valorada en 1 millón de euros que pretende converter o golf nun recurso que potencie a chegada de novos turistas a Galicia. Dito plan, xurdiu a raíz do Plan de Turismo de Galicia 2010-2013, a folla de ruta pola que se rexe a política galega actual e que insta ao impulo deste deporte dende un punto de vista turístico.

Entre as accións principais do Plan de Turismo de Golf destacan a potenciación do Turismo Sénior a través da creación e comercialización de produtos específicos, un encontro con turoperadores europeos e a organización do IV Torneo Nacional de Axentes de Viaxes.