Travesía de galeóns polo Ulla

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, amosou o seu apoio ao patrimonio marítimo galego e á cultura mariña e fluvial na I Xuntanza de Galeóns “A Rabandeira”, Travesía Xacobea polo Ulla. A titular de Mar, acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou na travesía de galeóns polo Ulla rememorando deste xeito a relevancia destas embarcacións tradicionais como principal medio de transporte de mercadorías ata a metade do século XX.

Na travesía participaron 12 galeóns e outras embarcacións tradicionais de menor envergadura, as embarcacións partiron de Vilanova sentido ás Torres do Oeste (Catoira) nun traxecto de case tres horas.