Prepárase a candidatura do Ferrol da Ilustración como Patrimonio Mundial da Unesco

O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Ferrol Metrópoli para o desenvolvemento do proxecto de preparación da candidatura de Ferrol da Ilustración na lista de Patrimonio Mundial da Unesco.

A candidatura suporá a proxección internacional para a cidade e a Comunidade Autónoma e a consellería contibuirá a iniciativa cunha achega de 90.000 euros.

O convenio enmarca actividades como labores de catalogación de fontes documentais bibliográficas, planimetría xeorreferenciada, estudos comparativos con vens culturais de análoga natureza, supervisión de contidos ou redacción de propostas de plans directores de xestión e relaización de estudos básicos de creación de indicadores.