Os peregrinos encheron as rúas de Santiago no Día Grande de Galicia

As rúas de Santiago de Compostela foron un fervedoiro de peregrinos no Día Grande de Galicia. Moitos camiñantes quixeron facer coincidir a súa chegada a Compostela co Día do Apóstolo, o que provocou que a cidade presentara un cheo absoluto, cos conseguintes problemas para acceder á Catedral. A Ofrenda realizouna o rei Don Juan Carlos, que pediu a intercesión do Apóstolo para que España poida saír da crise. Outro dos actos máis salientables do día foi a entrega das Medallas de Ouro de Galicia, que recaeron no ex conselleiro de Cultura Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e no Cabildo da Catedral. O deán, José María Díaz, agradeceu a concesión da medalla pero advertiu do risco de relativizar o Camiño e o sentido da peregrinación dos tempos actuais.

Santiago continuará vivindo a súa semana grande con concertos como os de Elvis Costello e Diana Krall, Mark Knopfler ou Jean Michel Jarre e con espectáculos pirotécticos todas as noites no Obradoiro.