O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, durante a presentación da Marca de calidade ‘Galega 100% para o leite e produtos lácteos’, que este distintivo suporá “un camiño de ida e volta”. “De ida porque incrementará o valor do leite de calidade galego; e de volta porque reforzará a autoestima dos gandeiros galegos”.
Desde hoxe mesmo, as industrias que elaboran leite ou produtos lácteos e que utilizan a materia prima procedente das explotacións do rexistro de calidade diferenciada, poden solicitar ante o LIGAL (o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite) o emprego da marca de Calidade Galega 100%”. Grazas a isto, proseguiu Feijóo, “o consumidor que escolla un produto no que aparece este distintivo terá a seguridade de estar consumindo un produto de Galicia, e dunha calidade excepcional”.