A música do Courel e o pan de Cea convértense en Festas de Interese Turístico de Galicia

O Consello da Xunta de Galicia vén de declarar a Festa de Exaltación do Pan de Cea, en Ourense, e a Semana Santa e o Filandón de Músicas do Courel como festas de interese turístico de Galicia.

A Secretaría Xeral para o Turismo valorou criterior como a antiguidade, singularidade, arraigamento e valor cultural destas festas dentro do programa cultural galego.

A declaración terá importantes repercusións sobre a dinamización económica e social destas localidades, ao tempo que contribuirá á promoción de todos os recursos turísticos das comarcas.