A feira do viño de Monterrei incluirá unas xornadas técnicas

A quinta edición da Feira do Viño de Monterrei suporá un xiro cara a profesionalización cun programa especialmente deseñado para os adegueiros, distribuidores e outros colectivos vencellados ao sector. Segundo recolle La Voz de Galicia, celebraranse unhas xornadas técnicas, o vindeiro 6 de agosto, con charlas relacionadas coa enoloxía e as rutas do viño. A feira propiamente dita desenvolverase os días 7 e 8 e agárdase a celebración de obradoiros e catas e que as adegas da zona abran as súas portas e acollan aos visitantes.

Unha das máis recentes convocatorias deste tipo, a Mostra de Viños da Ribeira Sacra, pechou edición incrementando o número de visitantes. Como recolle Faro de Vigo, os organizadores consideran que se cumpriron obxectivos e que os viños da zona foron eficientemente difundidos.