A descarga de sardiña en Vigo cae á metade tralo golpe á dinamita

A operación policial contra o emprego de dinamita para a pesca de sardiña na costa pontevedresa provocou unha redución nas descargas desta especie nas lonxas da provincia. Especialmente chamativo é o caso de Vigo, onde, segundo recolle La Voz, as descargas reducíronse á metade. Todo iso a pesar de que, como recolle o rotativo, seguen escoitándose detonacións na área de A Guarda, o que fai pensar que os explosivos seguen empregándose.

Noutras zonas de Galicia, pola contra, as capturas, lonxe de reducírense, medran. En Portosín, por exemplo, levan este ano descargados máis kilos de sardiña que en todo o ano pasado.