Cambados elixe o domingo os mellores albariños

O domingo coñeceranse os nomes dos mellores albariños do ano, pois será entón cando se dea a coñecer o veredito do panel da Cata da Festa do Albariño de Cambados. Será no transcurso do xantar que celebra o Capítulo Serenísimo, e tralo nomeamento das novas damas e novos cabaleiros.

Mentres esa cita non chega, os stands do Paseo da Calzada son un fervedoiro de xente que se achega ata Cambados para saborear ao "príncipe dos brancos". Agárdase que, ata o domingo, pasen pola vila arousana unhas 200.000 persoas.